sábado, 8 de novembro de 2014

IV Ruada

Este ano 2014, como xa ben sendo case tradición a A.C. Faragulla decidiu facer a IV edición da ruada. Un ano máis moreas e moreas de xente achegáronse ata Teixeiro para desfrutar desta festa connosco, e ben agradecidos que lles estamos oigha! De feito, quizáis poidamos presumir de que esta sexa unha das ruadas máis bailadas da redonda! Así que....mil grazas!

IV Ruada


IV Ruada




Como todos os anos houbo pinchos para os bailadores e tocadores e tamén  o mítico chocolate con larpeira a iso das 3 da mañán, iso non pode faltar! Pero ademais disto, dende a tarde tivemos a varios grupos de gaiteiros participando no I Dakar Ghaiteiro, que polo que se viu, foi todo un éxito! Así que para o ano, repetiremos!!


IV Ruada




IV Ruada

Moitas gracias a todos os que vos achegades cada ano para facer que esta ruada medre cada volta un pouquiño máis. Millóns de grazas e....vémonos na "V"!!!


IV Ruada


Dakar Ghaiteiro


"Esta ruadiña d'hoxe 
que mañán será soada..."


martes, 12 de agosto de 2014

XIV Festival Folclórico

Esta pasada semana, como ven sendo habitual dende hai uns anos, celebrouse en Teixeiro a XIV edición da Semana da Cultura e do Lecer. Desta volta, especial para a nosa asociación porque os homenaxeados foron os primeiros compoñentes desta asociación, sí sí, os "primeiros faragullas".

Pregón inaugural por Faragulla
Pregón inaugural por Faragulla

Xa van aló 33 anos dende que comezou esta andaina...cóntanse rápido! mais foron moitos anos de traballo tanto para alumnos como para pais. Con esta homenaxe o que quixemos foi agradecer a estes rapaces e rapazas que no seu momento fosen a semente dun grupo do cal hoxe, os que o seguimos mantendo, nos sentimos ben orgullosos.
Lembraban o día do pregón inaugural as moitas actuacións e concursos nos que participaran, os moitos primeiros premios que levaron, os moitos ensaios que deixan pasado...e todo esto lembrando tamén a quen o facía posible, a súa mestra: Mercedes Peón.

Pregón inaugural
primeiros faragullas

Como era de esperar, este grupo de rapaces volveu a ter o seu momento de esplendor no festival folclórico organizado por Faragulla no cal nos mostraron dúas das pezas do seu repertorio: a rumba e muiñeira de Leira e a rumba e muiñeira de Bilabade.

Para os compoñentes que hoxe formamos a asociación, foi toda unha satisfacción que os que foron o noso pasado volvesen mostrar o que facían, pero sobre todo que todos eles sigan saíndo á bailar cun sorriso de entusiasmo e satisfacción.
Algúns dos primeiros faragulla

Neste festival tamén tivemos un oco a A.C Faragulla e como non os nosos convidados da A.C O Amanexo (Dexo), os cales se encargaron de abrir dito festival.

Faragulliñas&Mighiñas

 O Amanexo

O Amanexo

O Amanexo

O Amanexo

Mighiñas&Faragulliñas

primeiros faragullas

1os faragullas

primeiros faragullas



primeiros faragullas

primeiros faragullas 

primeiros faragullas

primeiros faragullas

primeiros faragullas 

Queremos dar as gracias a A.C O Amanexo por estar con nós nun día tan especial coma este, e tamén, obviamente aos primeiros integrantes de Faragulla polo bo momento que nos fixeron pasar mentres bailaron e por facelo con tanto entusiasmo; dende logo que esperamos vervos xuntos de novo! Noraboa polo bo facer...e que VIVA O FOLCLORE!




luns, 2 de xuño de 2014

Festival Folclórico da A.C. O Amanexo (Dexo)

Fin de mes e celebrado con folclore como non! Desta volta tocou asentar por terras oleirenses, concretamente en Dexo, alí a A.C. O Amanexo celebraba o seu festival folclórico por segundo ano consecutivo.





Alí tamén compartimos escenario cos grupos:  A Maristela (Sobrado), A.C. y  D. A Meda do Castro (Sada) e por suposto, cos anfitrións!! 
Por parte de Faragulla actuaron os grupos: Faragullas, As D'aló da Vía, Faragulliñas e Molladiños.

















Queremos felicitar a A.C O Amanexo polo traballo realizado, foi unha honra participar neste festival o cal esperamos que se siga celebrando por moitos anos máis. 
Grazas! 

luns, 19 de maio de 2014

O berce de Donaire

Esta fin de semana fomos convidados pola A.C Donaire (A Coruña) para participar na 5ª edición do seu festival  infantil "O berce de Donaire". Coincidindo coa fin de semana das letras galegas que mellor maneira de celebralo coa nosa musica, as nosas letras, os nosos bailes....todo o noso! 





Os grupos participantes neste festival, por parte da A.C. Faragulla, foron: Mighiñas, Faragulliñas e As d'aló da vía, que compartiron escenario cos grupos dos máis cativos da A.C. Vai de Roda (Rianxo) e, por suposto, da A.C. Donaire.










 

Sen dúbida, aos que debemos felicitar son os máis pequenos da asociación, o grupo B de Mighiñas, porque neste festival tiveron o seu debut como bailadores/as!!! E como o desfrutaron!